sábado, 15 de novembro de 2014

Comezamos unha nova aventura

O luns pola tarde, ao entrar na aula dímonos conta que alguén nos deixara algo enriba da mesa. Enseguida comezaron as dudas de que se trataría, unha pirámide foi o mais escoitado entre os nenos/as pero tamén falaron de contos ou de algún xoguete.


 Constanza foi a encarga de descubrir que se atopa debaixo da manta e enseguida gritou "tíñamos razón, é unha pirámide"

 Enriba da mesa atoparon un papel enrolado e enseguida quixeron que llo lera. Era unha carta escrita pola nosa mascota da aula, Momia. Nela preguntabanos se este curso queríamos investigar sobre o antigo Exipto? A resposta foi clara, SIII!!!

 Momia contounos na carta que estivéramos atentos o que podíamos atopar dentro da pirámide porque nos ía a servir para coñecer moitas cousas sobre o lugar onde vivía.
Xa para rematar contounos que dentro de pouco teriamos un novo amiguiño na clase e que se queriamos saber de que se trataba teriamos que adiviñar un enigma. Pero, onde estaba ese eningma? Pablo enseguida contestou "Dentro da pirámide".

Levan toda a semana mirando para el e facendo cábalas, que se é un paxariño, quizais un león... Shhh, non os axudedes, teñen que ser eles os que descubran de que se trata...

Ningún comentario:

Publicar un comentario