domingo, 9 de novembro de 2014

XOGANDO COS BLOQUES LÓXICOS!

O xoves xogamos cos bloques lóxicos. Clasificámolos pola súa forma, pola cor, contamos cantos había de cada tipo, falamos do tamaño, do grosor, comparámolos...
Despois decidimos fomar trens coas pezas... Antes de comezar a construilos pregunteilles:
Que tren será o máis longo? A resposta foi unánime, o dos círculos porque había máis... 
Ocurriu todo o contrario, o tren máis longo foi o dos rectángulos.
Despois de darlle moito a cabeciña dímonos conta que os réctángulos eran máis longos por iso o tren tamén o era aínda que tivese menos vagóns.
Mirade, mirade...


Ningún comentario:

Publicar un comentario