Esta semana atopamos debaixo da pirámide unha nota. Supoñemos que no la deixou Momia xa que na pizarra había unha momia dibuxada que dicia "mensaxe".
Tratábase dun conto moi chulo...
Estusiasmados, pedímoslle a profe que o lera.... Preguntábanos se queríamos facer unha viaxe moi longa. A resposta foi SIIIIIII. Así que collemos a matela e fumos ata "O Antigo Exipto".
Despois de pasalo xenial co conto decidimos buscar aquel sitio para saber ata onde viaxáramos.
A pregunta foi: Onde o buscamos? Nos mapas dixeron case todos a vez. Mateo O. dixo que no seu libro aparecía un, asi que comezamos a investigar...
Despois de ver o mapa do libro buscamos Exipto nun mapa máis grande, descubrimos que estaba nun continente chamado África.
Por último, buscámolo en google maps...
No recuncho de Exipto temos a bola do mundo... Así que o día seguinte, por parellas e pequenos grupos, tamén buscamos alí onde estaba Exipto.
Que bos investigadores somos!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario