Estamos preto de descubrir quen será o noso novo amigo. Esta semana, Constanza, no momento de xogo nas distintas zonas da aula decidiu ir ao "Recuncho de Exipto". A sorpresa foi cando trouxo un papeliño co que poñía o enigma. Discurriu e foi quen de saber que cada debuxo correspondía a unha letra. O problema agora é que non sabemos o que pon, pero estou segura que pronto o descubrirán.
Noraboa Constanza!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario