domingo, 8 de marzo de 2015

GRANDES ARTISTAS!

Esta semana seguiu chegando a clase das momias moita información sobre Paul Klee,





Grazas a ela averiguamos que nunha das súas viaxes a Africa Klee descubriu as cores. Ao principio só pintaba con negro, gris e branco e a partires desta viaxe as súas obras cobraron vida polo colorido que utilizaba. 

Un bo pintor debe coñecer que a partires dos cores primarios podemos obter os demais. Averiguamos que eses cores eran: azul, amarelo e o vermello. 

EXPERIMENTAMOS... cor nunha man, cor noutra...frotamos...








Unha das pinturas que utilizaba Paul Klee era o abstraccismo. E como non, nos fixemos a nosa propia obra pero cunha técnica completamente distinta. Nunhas cubiteras botamos témpera, puxémoslles uns paus de xeado e metémola no conxelador do comedor...

O dia seguinte non paraban de preguntarse se xa estarian feitos os xeados así que fumos por eles e a PINTAR!!!! Que motivados estaban...

Quedaron verdadeiros cadros abstractos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario