sábado, 21 de marzo de 2015

PAPIROS REMATADOS!

Este luns, e como nos prometeran, volveron as mamis de Lara e Mateo S. papa rematar o taller dos papiros.

Os papiros xa estaban secos, as ceras blandas preparadas e mamis con moitas ganas de axudarnos. O primeiro que fixemos foi escribir o noso nome en xeroglífico, despois cada neno realizou un debuxo con motivos exipcios: faraóns, escorpións, pirámides, o río Nilo....

Ao rematar colgámolos no corredor, cada neno explicounos os motivos que fixera no seu papiro.

Quedaron preciosos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario