domingo, 1 de marzo de 2015

UNHA VISITA MOI ESPERADA

O venres foi un día moi especial na clase das momias. Visitáronnos Iria e Irene (irmá e mamá de Ana). Contáronnos moitas cousas sobre os faraóns Tutankamon e Cleopatra, explicáronnos que cando morrían conventíanos en momias para conservar o seu corpo e que os enterraban nas pirámides que eles mismos mandaban construir. 
Aprendimos moitas cousas novas que aínda non investigáramos e outras das que xa nos fixéramos preguntas pero aínda non coñecíamos a resposta.





Deixáronnos de regalo para o noso recuncho de Exipto as imaxes que utilizáron no explicación. 

SORPRESA! Iria deunos unhas láminas onde estábamos convertidos en Faraóns e Faraonas. Encantáronnos!!! Ela tiña que volver xa para a súa clase, despedímonos e démoslle as gracias.



Irene quedou con nós e axudounos a decorar os faraóns e faraonas. Utilizamos ceras de moitos cores, brillantitos e purpurina. 



Agora presiden o pasillo de infantil xunto coas bandeiras e as cobras.





GRAZAS POLA VISITA, 
VOLVEDE PRONTO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario