venres, 13 de marzo de 2015

TRABALLANDO EN FAMILIA!

Este luns recibimos a visita de dúas mamis que trouxeron con elas unha sorpresa, a profe Irene!

Pasamos unha tarde estupenda coñecendo novas cousas sobre o Antigo Exipto.

Contáronnos que agora todos podemos ir a escola a aprender moitas cousas pero que no Antigo Exipto só uns poucos aprendían a ler e escribir, eran os escribas. Para facelo non utilizaban letras coma nós senon uns signos sagrados chamados xeroglíficos. Os Faraóns sempre iban acompañados dun escriba para que anotase todas as cousas importantes que pasaban. Tamén descubrimos que os aprendices praticaban en barro porque o papiro era moi caro. Nel só anotaban as cousas importantes.
A profe Irene explicounos tamén como era o procedemento que seguían para fabricalo.

Mirade que atentos estábamos!




 E como non, nós tamén fixemos os nosos papiros, pero como non tiñamos a pranta as mamis explicáronnos como facelo cun pouquiño de cola blanca con café, unha cartolina e gasa.

A traballar!! 











Só quedaba pintalos, pero como ainda tiñan que secar e xa era hora sair pedímoslle as mamis que volveran outro día para rematar o taller. 

Para a próxima semana contaremos de novo coa súa visita!



Moitas grazas, Susana, Ana e Irene. Encantounos a vosa visita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario