venres, 26 de setembro de 2014

PARABÉNS LARA!

Hoxe celebramos o cumple da nosa amiga Lara, Xa ten 5 anos, está feita unha chica!
Para a festa trouxonos unha boísima tarta e nós agasallámola cun regaliño.
Pasámolo fenomenal, cantamos, comemos, bailamos, e como non podería ser doutra maneira, tirámoslle das orellas.,
FELICIDADES PITUFA!


mércores, 24 de setembro de 2014

PINTANDO NO CHAN!

Nunha das asembleas a profe volveuse tola, PINTOU NO CHAN! e aínda por enriba, a nós deixounolo facer tamén. 
Estivemos repasando contidos relacionados coa lóxica-matemática: asociación número-cantidade, serie numérica, anterior posterior...
Mirade que ben o pasamos!


venres, 19 de setembro de 2014

CUMPLE LUANA!


Comezamos as celebracións dos cumples coa nosa amiguiña Luana,  XA TEN 5 ANOS!

Desfrutamos un montón da pequena festa, cantámoslle o cumpreanos feliz, tirámoslle das orellas, comimos un biscoito boísimo e regalounos unha piruleta de chuches!

PARABÉNS PITUFA e que cumplas moitos máis...





PRIMEIRO DÍA DE COLE

Chegou o día de comezar o cole.Entramos na aula moi nerviosos e emocionados. Descubrimos que este curso seriamos As Momias, buscamos os nosos percheiros, vimos os xoguetes que había, falamos un pouco das aventuras que nos sucederan no verán...
Unha xornada impresionante compartindo uns pinchos cos demais nenos/as no comedor.
Mirade, mirade...


xoves, 18 de setembro de 2014

BENVIDOS

Ola amigos!
Comezamos un novo curso, o último de Educación Infantil. Un ano no que nos divertiremos e disfrutaremos de momentos moi especiais.
Somos a aula das Momias, acompañarannos nesta aventura os nosos amigos os Faraóns (3 anos) e os Deuses (4 anos). Con eles aprenderemos moitas cousas sobre un lugar que chaman Exipto. Estades todos preparados para viaxar no tempo?
Neste blogue poderedes ver todas as aventuras que van sucedendo no cole. Espero que as disfrutedes.
Un biquiño enorme.