domingo, 29 de marzo de 2015

XOGAMOS AO TWISTER!

Esta semana Mónica sacou dos novos xogos do armario, o conecta catro e o twister.

Empezamos xogando co twister, canto nos gustou: risas, caídas, enredos... Pero iso de diferenciar a esquerda da dereita é un lío!!

Mirade como nos divertimos:



PARABÉNS CARLA

O luns a nosa compi Carla cumpliu 6 anos. Celebrámolo cunha festa na que non faltou nin a tarta, nin o tirón de orellas nin os agasallos.

Moitas grazas Carla e moitiiiiisimas felicidades.



sábado, 21 de marzo de 2015

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore as momias, coa axuda da profe Chus, prantamos unha árbore no patio de infantil.


PAPIROS REMATADOS!

Este luns, e como nos prometeran, volveron as mamis de Lara e Mateo S. papa rematar o taller dos papiros.

Os papiros xa estaban secos, as ceras blandas preparadas e mamis con moitas ganas de axudarnos. O primeiro que fixemos foi escribir o noso nome en xeroglífico, despois cada neno realizou un debuxo con motivos exipcios: faraóns, escorpións, pirámides, o río Nilo....

Ao rematar colgámolos no corredor, cada neno explicounos os motivos que fixera no seu papiro.

Quedaron preciosos!!!



MELLORES LECTORES DO MES

NORABOA CHICOS!!

martes, 17 de marzo de 2015

SACAMOS A PASEAR UNHA LIÑA!!!

Paul Klee inventou esta técnica. Consistía en, a partir de un punto, sacar a pasear unha liña por onde a imaxinación nos levara e logo darlle cor o cadro.
Primeiro sacamos a pasear o noso corpo con música clásica pola aula, a moitos dábanos vergoña pero aún así fixémolo:




Continuamos a sesión sacando a pasear a liña por un papel ao ritmo da música, caladiños e concentrándonos nela:


E para decorar a nosa nova creación utilizamos a estampación con esponxas:











 



                                                 


sábado, 14 de marzo de 2015

Parabéns Carmen!

Onte tivemos unha gran festa para celebrar o cumple da nosa amiga Carmen que xa ten 6 anos.
Gracias polo biscoito e as chuches!

Mirade que ven o pasamos:



venres, 13 de marzo de 2015

BAILANDO POR MEDO!

Continuamos traballando a creatividade e imaxinación grazas a Paul Klee. O mércores o entrar do comedor vimos na pizarra máxica esta imaxe:



De seguido os nenos/as comezaron a falar do que lles suxería:

CARLA: Veo formas, chicos feitos con formas.
ANA: Niños
CONSTANZA: Homes
MARIA: Chuvia
CARMEN: Xente bailando
LARA: Tes razón, é xente bailando.
ALBA: Son chicas
NICOS: Eses homes teñen o corpo con formas.
SERGIO: Eu vexo un neno cunha camiseta
LARA: É todo gris
ANA: Eso é un cadro de Paul Klee.

Despóis de falar do que a partir da observación víamos no cadro pregunteilles como pensaban que se podía titular. As respostas foron moi variadas: o cadro dos homes, o cadro dos nenos, unha familia, o cadro das formas... Comenteilles o verdadeiro título "Bailando por miedo".

O que si que tíñamos claro é que Paul Klee utilizou formas xeométricas para facer homes, mulleres, nenos....

Nós tamén somos uns grandes artistas, Mirade, mirade!










TRABALLANDO EN FAMILIA!

Este luns recibimos a visita de dúas mamis que trouxeron con elas unha sorpresa, a profe Irene!

Pasamos unha tarde estupenda coñecendo novas cousas sobre o Antigo Exipto.

Contáronnos que agora todos podemos ir a escola a aprender moitas cousas pero que no Antigo Exipto só uns poucos aprendían a ler e escribir, eran os escribas. Para facelo non utilizaban letras coma nós senon uns signos sagrados chamados xeroglíficos. Os Faraóns sempre iban acompañados dun escriba para que anotase todas as cousas importantes que pasaban. Tamén descubrimos que os aprendices praticaban en barro porque o papiro era moi caro. Nel só anotaban as cousas importantes.
A profe Irene explicounos tamén como era o procedemento que seguían para fabricalo.

Mirade que atentos estábamos!




 E como non, nós tamén fixemos os nosos papiros, pero como non tiñamos a pranta as mamis explicáronnos como facelo cun pouquiño de cola blanca con café, unha cartolina e gasa.

A traballar!! 











Só quedaba pintalos, pero como ainda tiñan que secar e xa era hora sair pedímoslle as mamis que volveran outro día para rematar o taller. 

Para a próxima semana contaremos de novo coa súa visita!



Moitas grazas, Susana, Ana e Irene. Encantounos a vosa visita!

domingo, 8 de marzo de 2015

SOMOS PROFES!

Continuamos traballando co tren dos números pero esta vez non foi Mónica quen dicía as instruccións. 

Por parellas, un o profe e o outro o alumno e viceversa:
- "Pon o dedo no número 3, súmalle 2"
- "Pon o dedo no número 6, cal vais antes? e despois?"
- Dedo no 7, quítalle 3.
- Cerra os ollos, que número falta?

O xogo é o motor de desenvolvemento dos nenos... Mirade que ven o pasamos e canto aprendemos:



GRANDES ARTISTAS!

Esta semana seguiu chegando a clase das momias moita información sobre Paul Klee,





Grazas a ela averiguamos que nunha das súas viaxes a Africa Klee descubriu as cores. Ao principio só pintaba con negro, gris e branco e a partires desta viaxe as súas obras cobraron vida polo colorido que utilizaba. 

Un bo pintor debe coñecer que a partires dos cores primarios podemos obter os demais. Averiguamos que eses cores eran: azul, amarelo e o vermello. 

EXPERIMENTAMOS... cor nunha man, cor noutra...frotamos...








Unha das pinturas que utilizaba Paul Klee era o abstraccismo. E como non, nos fixemos a nosa propia obra pero cunha técnica completamente distinta. Nunhas cubiteras botamos témpera, puxémoslles uns paus de xeado e metémola no conxelador do comedor...

O dia seguinte non paraban de preguntarse se xa estarian feitos os xeados así que fumos por eles e a PINTAR!!!! Que motivados estaban...

Quedaron verdadeiros cadros abstractos!!!



domingo, 1 de marzo de 2015

UNHA VISITA MOI ESPERADA

O venres foi un día moi especial na clase das momias. Visitáronnos Iria e Irene (irmá e mamá de Ana). Contáronnos moitas cousas sobre os faraóns Tutankamon e Cleopatra, explicáronnos que cando morrían conventíanos en momias para conservar o seu corpo e que os enterraban nas pirámides que eles mismos mandaban construir. 
Aprendimos moitas cousas novas que aínda non investigáramos e outras das que xa nos fixéramos preguntas pero aínda non coñecíamos a resposta.





Deixáronnos de regalo para o noso recuncho de Exipto as imaxes que utilizáron no explicación. 

SORPRESA! Iria deunos unhas láminas onde estábamos convertidos en Faraóns e Faraonas. Encantáronnos!!! Ela tiña que volver xa para a súa clase, despedímonos e démoslle as gracias.



Irene quedou con nós e axudounos a decorar os faraóns e faraonas. Utilizamos ceras de moitos cores, brillantitos e purpurina. 



Agora presiden o pasillo de infantil xunto coas bandeiras e as cobras.





GRAZAS POLA VISITA, 
VOLVEDE PRONTO!