domingo, 21 de decembro de 2014

BO NADAL!

DESEXÁMOSVOS UNHAS FESTAS CHEAS DE LEDICIA E BOS MOMENTOS!
UN BIQUIÑO DE TODAS AS MOMIAS


FESTIVAL

Despois de varias semanas ensaiando chegou o gran día, fixémolo xenial e estabamos guapísimos.


VISITA DOS REIS MAGOS!

O xoves xa entramos pola mañá algo nerviosos, pola tarde viñan os Reis Magos!!!
Despois de meter a nosa carta no Buzón Real contámoslles o que pedíamos. Que bos son estos Reis que regaláronnos un cucurucho cheo de chuches.
Antes de volver para a clase metemos a man no  saco para sacar a nosa tarxeta do amigo invisible.
Que ben o pasamos!!!

OS NOSOS TRABALLIÑOS DE NADAL

Durante estes últimos días de cole traballamos moítisimo en cousiñas do Nadal, árbore para decorar, portada para os traballos, postais para as familias e o amigo invisible, mural para a entrada do cole, carta aos Reis Magos... Mirade, mirade cantas cousiñas fixemos!


mércores, 17 de decembro de 2014

Cousas de Nadal!

Mañá virán os Reis Magos a visitarnos, que nervios!
Xa temos as nosas cartas preparadas:


Preparamos unas postais chulísimas para desexarlle o noso amigo/a invisible do cole un Bo Nadal. 


Hoxe tamén levamos para a casa un adorno para decorar a nosa árbore de nadal.


domingo, 14 de decembro de 2014

FELICIDADES MATEO!

O martes celebramos o cumple do noso amigo Mateo, cantámoslle a canción, tirámoslle das orellas, soplamos a vela e como non démoslle o noso agasallo.
Despois de comer o rico biscoito Mateo sorprendeunos cunhas galletas de Papá Noel chulísimas. 
Mirade, mirade!



luns, 8 de decembro de 2014

O NADAL CHEGOU A AULA DAS MOMIAS!

Coa chegada destas datas tan especiais, as Momias puxemos a nosa árbore na clase. Cada un de nós foi colocando un adorno para que quedase así de chula... 
Mirade, mirade...




A nosa porta convertiuse nunha chimenea, sabedes que está baixando por ela???




mércores, 3 de decembro de 2014

MELLORES LECTORES

Comezamos de novo coa actividade promovida pola biblioteca do cole, os MELLORES LECTORES DO MES.
Noraboa a María e Lola.
Seguide disfrutando así dos contos!