xoves, 26 de febreiro de 2015

Quen vivía en Exipto?

No que levamos de trimestre descubrimos moito sobre o proxecto do "Antigo Exipto". Despois de ver unha curtometraxe que nos falaba sobre quen vivía en Exipto decidimos completar a Piramide que levaba colgada uns días na cortiza da aula pero que non sabíamos para que nos serviria. Falamos das clases sociais que había: os máis importantes eran os Faraóns, continuaban os sacerdotes, os escribas, o exercito, os campesiños e os exclavos ("os forzudos", según algúns nenos da clase)


Aos poucos días apareceu ao lado da piramide a foto dun faraón, pero, que sabiamos de estes reis? As ideas previas que xurdiron nesta asamblea foron moi variadas:
- Levan unha serpe.
- Levan coroa.
- Teñen barba.
- Teñen un gancho para defenderse.
- Teñen os ollos moi grandes.
- É Tutankamon.
- A Tutankamon fixéronlle unha estatua.
- Mandan no Río Nilo.
- Cando morren póñenlle tesouros.
- As momias son señores, faraóns mortos.
- ...

Decidimos seguir investigando sobre os Faraóns. Gracias aos libros que aportachedes coñecimos moitas cousas:
- Houbo moitos faraóns e faraonas: os que máis nos interesaron foron Tutankamon, Cleopatra e Ramsés II.
- Eran os dueños de todo.
- Vivían en Palacios
- Eran moi presumidos, sempre iban moi guapos e maquillados.
- Os símbolos de poder que levaban eran as coroas, a barba postiza, o látigo e o bastón entre outros. 
- Tiñan distintas coroas: alto Exipto ou blanca, baixo Exipto ou vermella, dobre coroa que simbolizaba a unión, o nemés, a coroa azul de guerra...
- Os visires eran os mellores amigos dos faraón é axudábaos a gobernar.
- Podían casarse con moitas mulleres pero solo unha era a reina.
- ...


A profe fíxonos a dobre coroa para o recuncho de Exipto, decidimos utilizada para identificar ao encargado do día, levaa posta durante a asamblea da mañá.

Noutra das sesión de exploradores e investigadores vimos o capítulo de Littein Einstin "En busca de la Pirámide Dorada", sabedes que? ATOPÁMOLA!!! Pero non vos creades que foi moi facil...


Seguiremos contándovos todo o que imos investigando sobre este marabilloso tema.




domingo, 15 de febreiro de 2015

VENRES DE ENTROIDO

Por fin chegou o esperado día e as momias puidemos lucir o noso disfrace. Non tanto como esperabamos xa que a choiva non nos deixou pasear polas rúas de Baio pero festexámolo indo o instituto. Alí recibíronnos con moito agarimo e tiñannos preparado unha sorpresa: un hinchable!!!
Sen duda o que máis nos gustou aínda que tamén a merenda, chocolate con doces típicos do entroido, que ricos estaban!




Deixámosvos un video da canción que tíñamos preparada para ir cantando no desfile: O Rap do Fararón. Mirade que ben o facemos:

xoves, 12 de febreiro de 2015

Cada quen co que ten!

Hoxe a clase das momias enchiuse de divertidos personaxes, estaba Frozen, a Doctora Jueguetes, varias princesas, un carvernicola, un irmandiño, unha osiña, un monstrou, un ninja, unha diablesa, un paiaso, un super héroe, un cabaleiro, unha chinita e ata unha bolsiña chea de caramelos...
Estabamos todos guapisimos, mirade as fotos:


mércores, 11 de febreiro de 2015

O mandato do Meco

Que obedientes somos, a roupa do revés dixo o noso amigo o Meco e así aparecemos no cole hoxe:




Recordade: Mañá que cada quen traia o que ten!

martes, 10 de febreiro de 2015

Escribimos a nosa primeira nota!

O papel de secar as máns se nos está acabando, tiñamos que mandarlle unha notas aos papis para traer máis pero a profe non tiña tempo para facela así que tocounos a nos. Moito nos fai traballar Mónica!!!




SEGUNDO MANDATO DO MECO

Seguimos obedecendo ao Meco, mirade que loocks praieros trouxemos hoxe, non nos faltuo detalle. Que simpáticos estábamos!!!

luns, 9 de febreiro de 2015

COMPLEMENTOS PARA O DISFRACE!

O venres de entroido a piques de chegar... Que ganas de ver a todos de exipcios e exipcias, estarán guapísimos. No cole andamos a facer os complementos...Están quedando chulísimos...











CUMPLE DE LUCAS

O noso amigo Lucas está hoxe de cumple e que mellor día para celebralo, xa estábamos de festa así que seguimos para festexar os seus 6 aniños.

Cantámoslle a canción, tirámoslle das orellas, sopramos a vela e comemos o biscoito riquísimo que nos trouxo, gracias Lucas e MOITAS FELICIDADES!

Mirade que ben o pasamos!

TEMPO DE ENTROIDO!

Comezamos a semana do entroido. O noso amigo o Meco solo quere troulear e nos con el. Hoxe o espantallo ordenou "O luns moi ledo virás e algo na cara traerás". As momias trouxeron de todo, gafas, bigotes, máscaras, pelucas.. Mirade que guapos e graciosos estábamos.


Mañá recordade
 "Como o martes é un día trangalleiro, 
deberás vir praieiro"
 e non olvidedes que é acumulativo .

venres, 6 de febreiro de 2015

XOGANDO COS NÚMEROS!

O xoves estivemos xogando coa serie numérica, adiante, atrás, dous máis, tres menos, o que temos diante, o de atrás... Traballamos os números, as cantidades e a posición. Todos moi atentos de non equivocarnos, como nos gustou!!!