mércores, 29 de outubro de 2014

TEMPO DE SAMAÍN

Finais de outubro e a puntiño de celebrar o Samaín... Na aula das Momias fixemos varios traballiños, autoretratos de medo, pinzas de morcego para colgar os nosos traballos... Mirade canto traballamos e o bonito que nos quedou na entrada do noso cole.


AS NOSAS CABAZAS

O Samaín chegou o Labarta Pose coas nosas cabazas decoradas, a entrada do cole está chea delas. Canto traballamos na casa coa nosa familia. Noraboa a todos, son chulísimas!
Mirade, mirade!

QUE MEDO!

Comezamos á semana máis terrorífica do curso... Mirade que medo entrar na nosa clase, hai un monstruo!!!!!!!!
O medo é o tema principal da semana do Samaín. Traballámolo a través do conto "O Gran Libro dos Medos do Rato Pequeno"
Despois de contalo falamos dos medos do Rato, dos nosos medos e do que lle pasa o noso corpo cando ten medo (nos ollos, na boca, no corazón, na pel). Entre todos buscamos as solucións máis axeitadas para vencer eses medos.






martes, 14 de outubro de 2014

CARAS COCIÑEIRAS

Seguimos a traballar con Arcimboldo. Esta vez tócanos imitar o pintor. Mirade que simpáticas quedaron as nosas obras. Un folio, cores e folletos de supermercados é todo o que precisamos para convertirnos en pequenos artistas.



mércores, 8 de outubro de 2014

ARCIMBOLEANDO!

Como xa vos contamos días pasados estamos coñecendo a Gueseppe Arcimboldo. Primeiro limos un conto sobre este pintor Italiano que cos seus cadros facía maxia, cousas raras... Cremos que estaba medio toliño...
Pintaba un frutero, pero se lle dábamos a volta é cara dun home; pintaba caras utilizando verduras...




Despois do conto, fumos a Pizarra Máxica. Bucamos no mapa onde nacera, repasamos as letras do seu nome, observamos e falamos sobre varios cadros de el, rodeamos froitos na súa obra chamada "Otoño"...




domingo, 5 de outubro de 2014

GAFOTAS MÁXICAS!

MOMENTO DO CONTO... A profe aparece cunhas gafas!!
Si, si, son as lentes máxicas de Mónica. As pon cando o conto que vai a contar é moi importante.
Pero, porque son máxicas? Se as miramos parece que non teñen cristais, sen embargo, cando as pon a profe si que teñen... Non hai quen o entenda pero, é o que ten a maxia!!
O primeiro conto "importante" para o que a profe precisou as gafas foi un que nos contaba un pouco quen era Arcimboldo!! 
Pronto veredes cousiñas sobre el!
Deica pronto!!!


venres, 3 de outubro de 2014

SORPRESA!

Hoxe tivemos unha visita moi especial. A profe IRENE veu a visitarnos!!!
Que contentos nos puxemos, grazas por vir!
Querémoste, volve pronto!
Un biquiño das Momias.