mércores, 1 de xullo de 2015

ATA PRONTO!

Simplemente GRAZAS por un curso tan marabilloso. 
Botareivos de menos.

MIL BICOS PARA OS MEUS PIRULO!!!

QUÉROVOS MOITO.


A NOSA ANDADURA POR INFANTIL

Queredes saber o que máis nos gustou de infantil e como son os nosos profes? 

Mirade, mirade:



GRADUACIÓN


O 17  de xuño foi un día moi especial. Despois de tres anos correteando polas clases de infantil As momias cambian de edicifio, xa son maiores!!!
Antes tocou graduarse, poñer o birrete e recoller os merecidos diplomas e orlas. Estaban super guapos e moi moi nerviosos, saiulles perfecto e sobre todo disfrutaton  moitísimo do día no que eles, eran os protagonistas


Moitas grazas a todos por acompañalos nese momento tan importante!



martes, 23 de xuño de 2015

XA ESTAMOS PREPARADOS PARA COMEZAR PRIMARIA

Mirade que ben sabemos facer a fila no cole dos maiores.


CUMPLE MARIA, LOLA, ANA E PABLO

ANTES DE REMATAR O CURSO CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DOS NOSOS AMIGOS QUE CUMPLEN EN VERÁN. MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!! 

MOITAS FELICIDADES PIRULOS!!!


 MARIA E LOLA





ANA E PABLO 



martes, 16 de xuño de 2015

DE VISITA...

Hoxe fumos de visita a clase de 1º, a que para o ano que ven será a nosa... E si, a profe tiña razón, alí tamén hai xoguetes!!!!


mércores, 3 de xuño de 2015

VISITA DA MAMÁ DE NICO!

Hoxe visitounos a mamá de Nico. Axudounos a facer unha das últimas manualidades sobre o noso proxecto sobre Exipto. Construimos un sarcófago e unhas momias para meter dentro del. Pasámolo xenial, encántanos ter visitas na clase.

Moitas grazas Yoli!!


Mirade que ben o pasamos e como traballamos....








DESPEDIMONOS DE TAJ

A semana pasada despedímonos de Taj... Moitas grazas de parte de todas as momias por ensinarnos tanto e ser tan cariñosa con nós. 
Botarémoste de menos!!!

Un biquiño profe Taj.



CUMPLE ALBA

Onte celebramos o cumple de Alba, xa é unha chica de 6 anos!!!

FELICIDADES PITUFA


sábado, 16 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

E por fin chegou o día, o día para o que tanto ensaiamos... Os nervios revoloteaban pero mereceu moito a  pena porque saiunos ESTUPENDAMENTE. Somos uns artistas!!!

Antes de ir para o auditorio puxemos os traxes acorde o noso papel na obra de teatro "A Casa Da Mosca Chosca". Mirade o guapos que estábamos:



E aquí a nosa actuación, non perdades detalle:













NORABOA MOMIAS. ESTIVÉCHEDES FANTÁSTICOS.
UN BIQUIÑO MOI GRANDE E AS FAMILIAS, GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

domingo, 10 de maio de 2015

CUMPLE NICO

O venres fixemos unha pequena festa para celebrar o cumple do noso amigo Nico, xa é un chico de 6 anos. Parabéns Nico.
Un biquiño moi grande de todas as Momias.

domingo, 3 de maio de 2015

NOVOS COMPIS DAS MOMIAS

O xoves viñeron, para quedarse, uns novos compis de clase... Os vermes de Seda... Como o curso pasado, observaremos os cambios que se producen neles ata convertirse en bolboretas.





sábado, 25 de abril de 2015

PLANTAMOS NA HORTA DO COLE!

O luns pasado, aproveitando o bo tempo e coa axuda do profe Xaquín plantamos cebolas na horta do cole. 
Mirade que ben o fixemos:




sábado, 18 de abril de 2015

MAGA EXPERIMENTOS!

Onte a Profe Mónica convertiuse en maga para facer un experimento.... UN VOLCÁN!



Primeiro botou nun vaso bicarbonato, colorante vermello, deterxente e revolveu. 



Cando a mezcla estaba feita botoulle vinagre e isto foi o que ocurriu:



Mirade as nosas caras, dinno todo:






Despois Mónica propúxonos ser nos os magos, por equipos fixemos o experimento.... Se o conseguíamos teriamos de premio unha chuche... Que creedes que pasou?

EQUIPO 1: CONSEGUIDO











EQUIPO 2: CONSEGUIDO



EQUIPO 3: CONSEGUIDO




PASÁMOLO XENIAL.

MIRADE COMO CELEBRAMOS O NOSO TRIUNFO:


domingo, 29 de marzo de 2015

XOGAMOS AO TWISTER!

Esta semana Mónica sacou dos novos xogos do armario, o conecta catro e o twister.

Empezamos xogando co twister, canto nos gustou: risas, caídas, enredos... Pero iso de diferenciar a esquerda da dereita é un lío!!

Mirade como nos divertimos:



PARABÉNS CARLA

O luns a nosa compi Carla cumpliu 6 anos. Celebrámolo cunha festa na que non faltou nin a tarta, nin o tirón de orellas nin os agasallos.

Moitas grazas Carla e moitiiiiisimas felicidades.



sábado, 21 de marzo de 2015

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore as momias, coa axuda da profe Chus, prantamos unha árbore no patio de infantil.


PAPIROS REMATADOS!

Este luns, e como nos prometeran, volveron as mamis de Lara e Mateo S. papa rematar o taller dos papiros.

Os papiros xa estaban secos, as ceras blandas preparadas e mamis con moitas ganas de axudarnos. O primeiro que fixemos foi escribir o noso nome en xeroglífico, despois cada neno realizou un debuxo con motivos exipcios: faraóns, escorpións, pirámides, o río Nilo....

Ao rematar colgámolos no corredor, cada neno explicounos os motivos que fixera no seu papiro.

Quedaron preciosos!!!



MELLORES LECTORES DO MES

NORABOA CHICOS!!

martes, 17 de marzo de 2015

SACAMOS A PASEAR UNHA LIÑA!!!

Paul Klee inventou esta técnica. Consistía en, a partir de un punto, sacar a pasear unha liña por onde a imaxinación nos levara e logo darlle cor o cadro.
Primeiro sacamos a pasear o noso corpo con música clásica pola aula, a moitos dábanos vergoña pero aún así fixémolo:




Continuamos a sesión sacando a pasear a liña por un papel ao ritmo da música, caladiños e concentrándonos nela:


E para decorar a nosa nova creación utilizamos a estampación con esponxas: