sábado, 31 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz todos os nenos do cole fixemos un corazón coas pegadas dos nosos dedos. Cada curso unha cor e cada cor unha palabra que recollese o que era para nos a paz. As momias eleximos "amigos" e a nosa cor foi a amarela.
Mirade que bonito quedou.








No patio cuberto cantamos todos xuntos pola Paz, "Querote máis" e aproveitamos para sacarnos fotos cos nosos irmáns maiores!!



E coas nosas mans unha pombiña. Recorre o mundo deixando ramiñas de olivo alí onde non hai paz.


sábado, 24 de xaneiro de 2015

ELMER

Na clase das momias xa comenzamos a conmemorar o Día da Paz que se celebrará o 30 de xaneiro. Recopilamos contos sobre este tema e contámoslo na clase:




Sobre o conto de Elmer xa fixemos un traballiño. Cada un de nos pintou un folio das cores de Elmer, con eles fixemos unha composición e debuxamos a silueta deste famoso Elefante. Faremos máis cousiñas sobre este conto, así que estade atentos.
Mirade que chuli nos quedou:











PRIMEIRO CUMPLE DO ANO

O luns celebramos o cumple do noso amigo Sergio,  xa ten seis aniños!!
Despois de cantarlle o cumpleanos feliz, tirarlle das orellas e darlle o noso agasallo soprou as velas nun riquisimo biscoito. Regalunos unha bolsa de chuches!
FELICIDADES PITUFO!


martes, 13 de xaneiro de 2015

NA AULA DE INFORMÁTICA

Hoxe fumos a informática coa profe Chus. É unha marabilla como manexamos o ordenador e todo o que aprendemos con el.





domingo, 11 de xaneiro de 2015

OS REIS MAGOS PASARON POLO COLE!

Chegamos das vacacións de Nadal cunha sorpresa, os Reis Magos tamén pararon no cole a deixáronos regalos. Sabían que nos portáramos moi ben. Grazas Reis, gustáronnos moito!