domingo, 30 de novembro de 2014

RESOLVENDO O ENIGMA!

Estamos preto de descubrir quen será o noso novo amigo. Esta semana, Constanza, no momento de xogo nas distintas zonas da aula decidiu ir ao "Recuncho de Exipto". A sorpresa foi cando trouxo un papeliño co que poñía o enigma. Discurriu e foi quen de saber que cada debuxo correspondía a unha letra. O problema agora é que non sabemos o que pon, pero estou segura que pronto o descubrirán.
Noraboa Constanza!!!


domingo, 23 de novembro de 2014

SORPRESAAAAAAAAA!

O venres tivemos unha sopresa moi especial. A profe Irene veu visitarnos. Trouxonos un regaliño, un libro sobre o Antigo Exipto!
Grazas profe, queremoste moito!!!



VIAXAMOS A EXIPTO?

Esta semana atopamos debaixo da pirámide unha nota. Supoñemos que no la deixou Momia xa que na pizarra había unha momia dibuxada que dicia "mensaxe". 
Tratábase dun conto moi chulo...

Estusiasmados, pedímoslle a profe que o lera.... Preguntábanos se queríamos facer unha viaxe moi longa. A resposta foi SIIIIIII. Así que collemos a matela e fumos ata "O Antigo Exipto".
Despois de pasalo xenial co conto decidimos buscar aquel sitio para saber ata onde viaxáramos.
A pregunta foi: Onde o buscamos? Nos mapas dixeron case todos a vez. Mateo O. dixo que no seu libro aparecía un, asi que comezamos a investigar... 


Despois de ver o mapa do libro buscamos Exipto nun mapa máis grande, descubrimos que estaba nun continente chamado África.




Por último, buscámolo en google maps...


No recuncho de Exipto temos a bola do mundo... Así que o día seguinte, por parellas e pequenos grupos, tamén buscamos alí onde estaba Exipto.



Que bos investigadores somos!!!!





CUMPLE RUBÉN!

O martes celebramos o cumple do nos amigo Rubén! Que ben o pasamos, cabtámoslle o cumpleanos feliz, sopramos as velas, comimos un rico biscoito e uns gusanitos!
Pasámolo xenial!
Grazas Rubén, MOITAS FELICIDADES!

domingo, 16 de novembro de 2014

PEÓNS, TROMPOS, PEONZAS, BUXAINAS!!

O martes celebrouse o día do peón, xogo tradicional galego. Na aula fixemos uns trombos cun CD e un rotulador e os puxemos a bailar enriba dun folio. Que debuxos máis raros! A lámina estaba chea de círculos, raias, garabatos... Deixamos volar a nosa imaxinación e con con esos elementos dibuxamos cousas reais. 
Coa profe Marta tamén celebramos este día facendo uns peóns con cartulina, palillos e plasti. Quedaron chulísimos!




sábado, 15 de novembro de 2014

Que sabemos e que queremos saber?

Para comezar a investigar sobre o Antigo Exipto comezamos cunha asamblea onde falamos de que sabíamos e que era o que queríamos saber sobre o tema.
Deixovos o resumo para que o vexades, saíron cousas moi interesantes...
Mirade, mirade!
Como finalización a esta asamblea fixemos un debuxo sobre as nosas ideas previas sobre"O Antigo Exipto". 
Tan chulis quedaron que decidimos expoñelos na clase.

Comezamos unha nova aventura

O luns pola tarde, ao entrar na aula dímonos conta que alguén nos deixara algo enriba da mesa. Enseguida comezaron as dudas de que se trataría, unha pirámide foi o mais escoitado entre os nenos/as pero tamén falaron de contos ou de algún xoguete.


 Constanza foi a encarga de descubrir que se atopa debaixo da manta e enseguida gritou "tíñamos razón, é unha pirámide"

 Enriba da mesa atoparon un papel enrolado e enseguida quixeron que llo lera. Era unha carta escrita pola nosa mascota da aula, Momia. Nela preguntabanos se este curso queríamos investigar sobre o antigo Exipto? A resposta foi clara, SIII!!!

 Momia contounos na carta que estivéramos atentos o que podíamos atopar dentro da pirámide porque nos ía a servir para coñecer moitas cousas sobre o lugar onde vivía.
Xa para rematar contounos que dentro de pouco teriamos un novo amiguiño na clase e que se queriamos saber de que se trataba teriamos que adiviñar un enigma. Pero, onde estaba ese eningma? Pablo enseguida contestou "Dentro da pirámide".

Levan toda a semana mirando para el e facendo cábalas, que se é un paxariño, quizais un león... Shhh, non os axudedes, teñen que ser eles os que descubran de que se trata...

luns, 10 de novembro de 2014

CUMPLE CONSTANZA!

Hoxe celebramos o cumple da nosa amiguiña cunha gran festa. Tirámoslle das orellas, cantamos o cumpreanos feliz, sopramos a vela, comimos un rico biscoito acompañado dun zume e bailamos cos "Cantajuegos".
Grazas polo agasallo, esperamos que che gustara o noso.
 MOITAS FELICIDADES!


domingo, 9 de novembro de 2014

XOGANDO COS BLOQUES LÓXICOS!

O xoves xogamos cos bloques lóxicos. Clasificámolos pola súa forma, pola cor, contamos cantos había de cada tipo, falamos do tamaño, do grosor, comparámolos...
Despois decidimos fomar trens coas pezas... Antes de comezar a construilos pregunteilles:
Que tren será o máis longo? A resposta foi unánime, o dos círculos porque había máis... 
Ocurriu todo o contrario, o tren máis longo foi o dos rectángulos.
Despois de darlle moito a cabeciña dímonos conta que os réctángulos eran máis longos por iso o tren tamén o era aínda que tivese menos vagóns.
Mirade, mirade...


xoves, 6 de novembro de 2014

EXPERIMENTAMOS COA REALIDADE AUMENTADA

As tecnoloxías permítenos achegar aos alumnos/as coa realidade máis concreta. 
Durante o Samaín pintamos unha lámina chea de cabazas... Ata ahí todo normal, pero a volta da ponte a profe deixounos o seu móvil para que enfocasemos unha lámina como a que pintáramos coa cámara da aplicación... Mirade o que sucedeu...

As cabazas, por arte de maxia, cobraron vida, saíron do papel e puxéronse a bailar.
Se o queredes ver na casa solo tedes que descargar a app colARMix. Anímovos a que o fagades cos vosos pequenos/as.

luns, 3 de novembro de 2014

CELEBRANDO O MAGOSTO E O SAMAÍN

O xoves foi un día cheo de actividades xa que celebramos o Samaín e o Magosto. O cole encheuse de bruxas, vampiros, esqueletes.... Ao final da mañá tocounos ir ao contacontos, a cousa non era fácil, para escoitalo tiñamos que pasar polo tunel do terror. Coa proba conseguida disfrutamos dun conto de bruxas grazas as nosas profes de ingles, Vero e Taj. 
Pola tarde foi o noso turno para xogar a Oca na pista e para rematar a xornada comemos unhas deliciosas castañas asadas e toamos un zume.
Pasámolo xenial, mirade!!!


domingo, 2 de novembro de 2014

PÓCIMA PARA OS MEDOS

Durante esta semana falamos sobre os nosos medos e para rematar o traballo sobre o contido fixemos unha pócima para beber e así poder superalos. Ao entrar a clase pola tarde atopamos algo agochado debaixo dunha mantiña:


Despois de descubrir de que se trataba comezamos a preparar a pócima, os ingredentes foron:
-Auga da fonte da montaña onde vive unha bruxa.
-Cerebro de rato.
-Gusanos.
Ainda por riba de axudarnos afrontar os nosos medos estaba boísima.