sábado, 16 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

E por fin chegou o día, o día para o que tanto ensaiamos... Os nervios revoloteaban pero mereceu moito a  pena porque saiunos ESTUPENDAMENTE. Somos uns artistas!!!

Antes de ir para o auditorio puxemos os traxes acorde o noso papel na obra de teatro "A Casa Da Mosca Chosca". Mirade o guapos que estábamos:



E aquí a nosa actuación, non perdades detalle:













NORABOA MOMIAS. ESTIVÉCHEDES FANTÁSTICOS.
UN BIQUIÑO MOI GRANDE E AS FAMILIAS, GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

domingo, 10 de maio de 2015

CUMPLE NICO

O venres fixemos unha pequena festa para celebrar o cumple do noso amigo Nico, xa é un chico de 6 anos. Parabéns Nico.
Un biquiño moi grande de todas as Momias.

domingo, 3 de maio de 2015

NOVOS COMPIS DAS MOMIAS

O xoves viñeron, para quedarse, uns novos compis de clase... Os vermes de Seda... Como o curso pasado, observaremos os cambios que se producen neles ata convertirse en bolboretas.